Archive for the 'Galego' Category

Page 4 of 7

34.Písalle!

llantas
É tempo de remexos no TeMazo.
Empezamos cos Juanito Broders,
e as novas Llantas que trouxo OQ.
E isto non vai parar. RRRRMM

33.Cousa de meigas

MalandromedaChTarde

Esta semana Malandrómeda en concerto.
O sábado 20 no festival Meigas Fora en Poulo (Órdes).
Ás 22 horas, e entrada de moca.
Ainda non visitaches a nosa tenda TeMazo?
Ai poderás conseguir unha copia do vinilo 10″
de Malandrómeda “Chegan Tarde“.
No reproductor , un clásico malandrómico.

32.tenda TeMazo

A semana pasada os MCs de teMazo estiveron
a improvisar na Quintana con peñasca de Ninja Tune.
Desta vez na sesion de Ollie Teeba de Herbaliser.
Non hai audio pero traemos novas frescas…
Inagurase a tenda teMazo, onde poderedes mercar os nosos traballos en vinilo.
Directo do forno, o 12″ de Juanito Broders “Córtate las penas”.
No mes de agosto Nonresidentz estivo no estudio
e xusto hoxe entrou Fluzo tamen a gravar.
Seguiremos informando.
No reproductor outro exito dos Juanito Bros!

31.EO EO EO

kazePro

Un mes sen publicar,
un mes cheo de batallas…
Ainda estamos vivos.
O señor Kaze presentou o seu primeiro
traballo, “PRO EP“, a semana pasada.
Podedelo baixar de moca na súa web.
TeMazo representa neste EP co rapeo
do Hevi michi michi co Coke no tema
45 Fever, que tedes no reproductor.

30.Miopía

asLupasEn TeMazo seguimos recuperando material vello inédito.
Desta vez un remix de “As lupas de ver por dentro” remisturado
polos propios Malandromeda no 2006 e masterizado esta semana.

Informarvos que a presentación do novo single de Malandromeda
e mais do superdisco de Juanito Broders será o
6 de Xuño na Sala Nasa en Santiago.

29.Sicocidade

psycociudad

Pra celebrares o aniversario da publicacion do 1º traballo de Furnier,
TeMazo traecho enteiriño pra descargar en MP3
5 temas de estudio e 1 en directo por riba de sons industriais.
O millor agasallo pra os ghichos mais esquisitos de
toda a costa norte…
INTERNATIONAL DO IT YOURSELF CONSPIRATION…

28.Pra dentro

ases2008

Os Ases estaran actuando na Sala Capsa
no Prat de Llobregat o dia 2 de Maio.
Na seción MP3 xa tedes a sua 2ª maqueta
Ya estamos dentro” do 2006.
No reproductor o tema “Quizás”

27.que non pare!

Ilustracion de Ben Carter

despois deste paronazo no blog
anunciarvos que o primeiro disco
de Juanito Broders mailo novo
single de Malandromeda xa
entraron na fase de masterizado.
E tamen uns concertiños pra a semana
de Malandromeda, o 10 en Pontevedra
na Casa das Campás e o 11 en
Santiago na Sala Capitol con Da Weasel.
No reproductor o remix de Aquel Grupo
do mestre Mou.

26.A camiñare

Ilustracion de Javi A

Atopamos nos nosos arquivos
un remix de Caminando, tema
da primeira maqueta dos Juanito Broders.
Producido polos propios Juanitos no
2005, pero masterizado esta semana
e inédito ata hoxe.
Anunciamosvos tamen que os J.B.
xa teñen pechado o repertorio do que será
o seu primeiro LP, e que comezaran a gravar
en Marzo. A camiñar!!

25.Malandromeda en Cali…mera

Malandromeda Live

Este venres dia 15 Malandromeda actuaravos
na festa da Radio Kalimera en Santiago.
No reproductor o remix de Croma,
productor do colectivo DKTC, do tema
O mal das alturas” de “Os estranos sempre
traen malas novas
“.
Prosimamente mais remixes deste
seu primeiro traballo.